O eido normativo aplicable ao sector das tecnoloxías da accesibilidade integra catro escenarios xurídicos: o internacional, o comunitario, o estatal e o de cada Comunidade Autónoma.
Normativa internacional
Destacan a resolución 48/96, de 1993, e a Convención 61/106, de 2006, das Nacións Unidas. Estas normas supoñen o compromiso en firme moral e político dos estados para adoptar medidas para acadar a igualdade de oportunidades. Ademais, sentan as bases para a cooperación técnica e económica entre os estados, as Nacións Unidas e outras organizacións internacionais.
Normativa europea
A normativa europea relativa ás tecnoloxías da accesibilidade desenvolveuse mediante resolucións do Parlamento e do Consello de Europa e comunicacións da Comisión Europea. A meirande parte dos países europeos, seguindo as recomendacións e directrices da Unión Europea, desenvolveron normas e leis para garantir o acceso á información e aos servizos como principio incuestionable e básico dos dereitos humanos.
Normativa nacional
O Goberno español sempre preocupouse dos problemas da accesibilidade. Xa na Constitución Española sinálase que Os poderes públicos realizarán unha política de previsión, tratamento, rehabilitación e integración dos diminuídos físicos, sensoriais e psíquicos, aos que prestarán a atención especializada que requiran e os ampararán especialmente para o goce dos dereitos que este Título outorga a todos os cidadáns
(artigo 49).
Nestes últimos anos, os distintos gobernos adquiriron unha conciencia aínda maior da súa obriga de garantir a accesibilidade universal. Neste eido, os dous grandes referentes lexislativos foron:
- A Lei de Igualdade de Oportunidades, Non Discriminación e Acceso Universal das Persoas con Discapacidade (LIONDAU, 2003), que contempla o desenvolvemento de accións de integración social que promovan a igualdade de acceso dos cidadáns á Sociedade da Información.
- A Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, máis coñecida como Lei de Dependencia (2006), que supón un fito na busca da igualdade de todas as persoas e considérase o carto piar do Estado do benestar xunto cos sistemas nacionais de saúde, educación e pensións.
Normativa autonómica
A normativa autonómica oriéntase principalmente á accesibilidade física, entendida no sentido de eliminación de barreiras, e non á accesibilidade tecnolóxica.
O seguinte documento completa a análise da normativa e lexislación vixentes en materia de accesibilidade.
