Estudo
O CENTAC quere garantir a igualdade de acceso á Sociedade da Información de todas as persoas, independentemente da súa condición física ou social.
Na liña deste obxectivo, o Centro publica o Estudo sobre as tecnoloxías da accesibilidade en España 2008. Este estudo analiza o estado actual do sector da accesibilidade en España. Tamén examina a situación do sector de produtos de apoio á discapacidade.
Con este informe téntase ofrecer un punto de partida para a toma de medidas que conduzan á plena integración de todos os cidadáns.
Buscador de produtos de apoio
Esta ferramenta vaille permitir buscar un produto de apoio que facilite a súa vida cotiá.
O buscador inclúe todas as tecnoloxías da accesibilidade dispoñibles no mercado.
Ademais das tecnoloxías, recompila información sobre as súas características, o xeito de acceder a elas e os seus fabricantes e distribuidores.
