NORMAS TÉCNICAS

Recollemos toda a normativa Europea, Nacional e Autonómica relacionada cos nosos obxectivos. Tamén compilamos toda a información relacionada coa estandarización, homologación e impulso da Sociedade da Información relacionada coa accesibilidade.

A normalización é unha ferramenta imprescindible para o desenvolvemento industrial e comercial dun país. Permite mellorar o deseño, a fabricación de produtos e a prestación de servizos, aumentando a competitividade e afianzando os produtos fabricados baixo o respecto polas normas técnicas.

A fabricación de produtos de apoio, como todos os procesos tecnolóxicos e industriais, precisa dunhas esixencias técnicas e funcionais para que os produtos obtidos sexan eficaces. Estas condicións deben basearse no coñecemento, o resultado da experiencia e o desenvolvemento tecnolóxico, e, na súa elaboración, deben de estar implicadas todas as partes: industria, usuarios, profesionais, etcétera.

Por iso, queda patente a necesidade de elaborar normas e estándares para que o tecido produtivo avance no deseño de produtos e servizos, amparándose nunhas normas que garantan un resultado óptimo e una saída ao mercado con éxito.

  • A normalización internacional que establece o eido global de estándares aplicables ás tecnoloxías da accesibilidade provén da Organización Internacional de Normalización, ISO (www.iso.org(Nova ventá)). Aínda que existan diferentes normas no eido das tecnoloxías da saúde e rehabilitación, o referente principal en tecnoloxías accesibles é a nova norma UNE-EN-ISO 9999:2007.
  • A normalización europea en materia de accesibilidade desenvolveuse mediante mandatos da Comisión Europea aos organismos de normalización europeos: o Comité Europeo de Normalización, CEN (www.cen.eu/cenorm/homepage.htm(Nova ventá)), o Comité Europeo de Normalización Electrotécnica, CENELEC (www.cenelec.eu/Cenelec/Homepage.htm(Nova ventá)) e o Instituto Europeo de Normas de Telecomunicación, ETSI (www.etsi.org(Nova ventá)).
  • A normalización nacional. O Centro Estatal de Autonomía Persoal e Axudas Técnicas, CEAPAT (www.ceapat.org(Nova ventá)) recolle a normativa técnica sobre accesibilidade e produtos, segundo o organismo responsable da normalización en España, AENOR (www.aenor.es(Nova ventá)).

Polo xeral, pódense destacar dous aspectos relativos á normalización en España:

  • Precísanse normativas máis pragmáticas que incentiven ás empresas a considerar e empregar os criterios de accesibilidade nos seus desenvolvementos.
  • É preciso abordar os factores humanos, (psicofísicos, capacidades ou discapacidades, aspectos cognitivos e outros máis emocionais, como os gustos ou preferencias) que inflúen no desenvolvemento dun sistema.

O seguinte documento completa a análise da normalización e homologación de produtos.

  • Patronos de CENTAC: El Corte Inglés, Fund. ONCE, Fund. Vodafone, Telefónica, Tüv Rheinland, CERMI, RPSD, Red. CEAPAT, CRE